martes, 15 de marzo de 2011

Os inicios

Nesta entrada tratarei de responder as seguintes preguntas que me parecen interesantes para comprender o orixe da fábrica:
  • ¿Por que alí?
  • ¿Como xorde a idea de construir alí?
  • ¿Quen diseñou a Fábrica?
  • ¿Que formación académica tivo Isaac?

Primeiro, creo que é necesario saber que a fábrica non aparece así, da nada. Sargadelos ten a súa historia.
Aquí  houbo unha industria do ferro e da cerámica dende 1792 hasta  1875, ano en que pechan. Estas fábricas xorden da iniciativa do Marqués de Sargadelos, Antonio Raimundo Ibáñez, ilustrado, para aproveitar os recursos da zona: bosques carbonizables para obter carbón e para reducir o mineral, óxido de ferro, pequenas bolsas de mineral de ferro, excelente caolín e feledespatos e seixos para facer louza.

Como non eran industrias grandes, chegáballes abondo con represar un río pequeno como o Xunco para obter enerxía mecánica con que mover as máquinas ou trebellos para facer ferro e louza.

Estas industrias tiveron moito prestixio no século  XIX, pois as fábricas de ferro coincidiron coa guerra da independencia dos franceses a comenzos do seculo XIX, e se dedicaron (pois foi a única siderurxia que non caeu nas mans dos franceses) a facer munición e armas para o éxercito real en loita contra os franceses, polo que reciben o título de Reais Fábricas de Armas (O Ministerio de Defensa fixo no ano 1996 unha gran exposición en homenaxe a Sargadelos: "As reais fábricas de Sargadelos o Exército e a Armada"), que se inaugurou nese ano no Museo do Pobo Galego de Santiago e noutros sitios máis.
Entón, como podedes ver estas industrias chegaron a ser moi famosas no S. XIX, incluída a de louza, da cal as súas pezas hoxe teñen un gran valor nos anticuarios.

Logo de pechar, co tempo foron consideradas como "o primeiro esforzo industrial organizado de Galicia" con técnicas e métodos de producción modernos, e arredor de elas comenzou a xurdir un mito.


100 anos despois, Díaz Pardo vai a Arxentina para montar unha fábrica de porcelana chamada "Porcelanas de Magdalena", invitado por un grupo de galegos exiliados despois da Guerra Civil de 1936.
A idea de Isaac era relacionarse con este grupo de galegos sobre  todo con Luis Seoane e o seu extrordinario grupo de amigos como Rafael Dieste, Blanco Amor, Lorenzo Varela, Antonio Baltar e outros. Con Luis Seoane, Isaac crea o Laboratorio de Formas pensado en recuperar institucións de prestixio no pasado galego como entre outras, as fábricas de Sargadelos, sobre todo, recuperar a tradición da cerámica. Como Isaac xa tiña creado as Cerámicas do Castro, en Sada A Coruña, con apoio desta e do Laboratorio de Formas decide restaurar en Sargadelos a producción de louza coas ideas e a cencia que lle aportaba o Laboratorio de Formas e o Seminario de Sargadelos. 
En 1970, se inaugura a Planta Circular obra do arquitecto Albalat, socio tamén do Laboratorio de Formas xunto con Isaac e Seoane. O resto das edificacións de Sargadelos son obra de Isaac como arquitecto que quixo ser e non puido polo asasinato do seu pai a comenzos da guerra civil do 36.
Isaac tivo  que conformarse cunha carreira mais barata como Lic. en Belas Artes, da que foi premio extraordinario fin de carreira. O Colexio de Arquitectos de Galicia deulle o título de arquictecto de honor.

Era  fundamental construir todo esto  na parroquia de Sargadelos, non solo por razón xeograficas, senón que aquí estaba a tradición e a historia.

No ano 1972 o Laboratorio de Formas solicita e obtén do goberno central a denominación do vello recinto industrial como "Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos". Logo viñeron cartos para restaurar algúns edificios antigos como a Casa da Administración das antigas fábricas, hoxe sede do Real Patronato de Sargadelos que rixe o Conxunto Histórico, e do Museo Histórico, actualmente todo en estado de abandono ao apartar a Isaac da dirección das fábricas (pois era o entusiasta de todo isto e foi quen co seu traballo e prestixio, conseguíu e fixo todo). O novo emprendemento industrial foi construído fora do recinto histórico por respeto.