Nesta entrada tratarei de responder as seguintes preguntas que me parecen interesantes para comprender o orixe da fábrica:
- ¿Como xorde a idea de construir alí?
- ¿Que formación académica tivo Isaac?
Primeiro, creo que é necesario saber que a fábrica non aparece así, da nada. Sargadelos ten a súa historia.
Aquí houbo unha industria do ferro e da cerámica dende 1792 hasta 1875, ano en que pechan. Estas fábricas xorden da iniciativa do Marqués de Sargadelos, Antonio Raimundo Ibáñez, ilustrado, para aproveitar os recursos da zona: bosques carbonizables para obter carbón e para reducir o mineral, óxido de ferro, pequenas bolsas de mineral de ferro, excelente caolín e feledespatos e seixos para facer louza.
Como non eran industrias grandes, chegáballes abondo con represar un río pequeno como o Xunco para obter enerxía mecánica con que mover as máquinas ou trebellos para facer ferro e louza.
Estas industrias tiveron moito prestixio no século XIX, pois as fábricas de ferro coincidiron coa guerra da independencia dos franceses a comenzos do seculo XIX, e se dedicaron (pois foi a única siderurxia que non caeu nas mans dos franceses) a facer munición e armas para o éxercito real en loita contra os franceses, polo que reciben o título de Reais Fábricas de Armas (O Ministerio de Defensa fixo no ano 1996 unha gran exposición en homenaxe a Sargadelos: "As reais fábricas de Sargadelos o Exército e a Armada"), que se inaugurou nese ano no Museo do Pobo Galego de Santiago e noutros sitios máis.
Entón, como podedes ver estas industrias chegaron a ser moi famosas no S. XIX, incluída a de louza, da cal as súas pezas hoxe teñen un gran valor nos anticuarios.
Logo de pechar, co tempo foron consideradas como "o primeiro esforzo industrial organizado de Galicia" con técnicas e métodos de producción modernos, e arredor de elas comenzou a xurdir un mito.
100 anos despois, Díaz Pardo vai a Arxentina para montar unha fábrica de porcelana chamada "Porcelanas de Magdalena", invitado por un grupo de galegos exiliados despois da Guerra Civil de 1936.
A idea de Isaac era relacionarse con este grupo de galegos sobre todo con Luis Seoane e o seu extrordinario grupo de amigos como Rafael Dieste, Blanco Amor, Lorenzo Varela, Antonio Baltar e outros. Con Luis Seoane, Isaac crea o Laboratorio de Formas pensado en recuperar institucións de prestixio no pasado galego como entre outras, as fábricas de Sargadelos, sobre todo, recuperar a tradición da cerámica. Como Isaac xa tiña creado as Cerámicas do Castro, en Sada A Coruña, con apoio desta e do Laboratorio de Formas decide restaurar en Sargadelos a producción de louza coas ideas e a cencia que lle aportaba o Laboratorio de Formas e o Seminario de Sargadelos.
En 1970, se inaugura a Planta Circular obra do arquitecto Albalat, socio tamén do Laboratorio de Formas xunto con Isaac e Seoane. O resto das edificacións de Sargadelos son obra de Isaac como arquitecto que quixo ser e non puido polo asasinato do seu pai a comenzos da guerra civil do 36.
Isaac tivo que conformarse cunha carreira mais barata como Lic. en Belas Artes, da que foi premio extraordinario fin de carreira. O Colexio de Arquitectos de Galicia deulle o título de arquictecto de honor.
Era fundamental construir todo esto na parroquia de Sargadelos, non solo por razón xeograficas, senón que aquí estaba a tradición e a historia.
No ano 1972 o Laboratorio de Formas solicita e obtén do goberno central a denominación do vello recinto industrial como "Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos". Logo viñeron cartos para restaurar algúns edificios antigos como a Casa da Administración das antigas fábricas, hoxe sede do Real Patronato de Sargadelos que rixe o Conxunto Histórico, e do Museo Histórico, actualmente todo en estado de abandono ao apartar a Isaac da dirección das fábricas (pois era o entusiasta de todo isto e foi quen co seu traballo e prestixio, conseguíu e fixo todo). O novo emprendemento industrial foi construído fora do recinto histórico por respeto.


1809-1832
Primeira etapa
José Ibáñez, fillo do fundador de Sargadelos, asumiu o goberno da empresa tras a súa morte. Coa axuda dos seus tíos maternos e da súa muller, Anita Varela, ampliou a fábrica orixinal ata instalar tres fornos de produción, dous pequenos para ensaios e varios talleres con máis de 25 tornos.
Chegarán a producir 20.000 pezas anuais de louza a comezos dos anos trinta do século XIX.
As louzas características desta época son de cor branca, con esmalte brillante de remate cremoso ou lixeiramente azulado. Sobresaen as pracas, floreiros e xerros, deseñados cun estilo neoclásico, inspirado na louza inglesa de Bristol. Corresponden a esta época as primeiras pezas pintadas a man.
1835-1842
Segunda etapa
José Ibáñez asociouse con Antonio Tapia para constituír a empresa Ibáñez y Tapia o 19 de maio de 1835. Coa dirección do francés M. Richard, chegado dende Turín, apostaron pola fabricación de louza fina en cor branca pintada a man. Tamén abordaron as primeiras probas de estampación e policromía.
Desta época, sobresaen as lámpadas e candeeiros en forma de castelo, e mais unha vaixela decorada con estampación de tonalidade verde-chumbo onde se representa a unha parella bailando a muiñeira. Tamén se fixeron entón fermosas placas de temas mitolóxicos e relixiosos, e excelentes pezas de toucador.
1845-1862
Terceira etapa
No ano 1845, Luis de la Riva y Cía., de Santiago de Compostela, arréndalle a administración de Sargadelos á familia Ibáñez.
Máis de 1.000 familias chegaron a traballar para a fábrica en 1849, de onde saían 205 carros e 22 buques de cabotaxe con máis de 100 fornadas de louza. Catro fornos distintos, 30 estufas, muíños, nove grandes talleres, oito prensas,... verdadeiramente, foi a época dourada do primeiro Sargadelos.
Entón, acadáronse calidades e variedades excepcionais de vaixelas e figuras baixo a dirección do británico Edwin Forester. Á súa maestría débese á introdución da louza alumada chamada
chinesa opaca ou
semichinesa, diferenciada pola calidade da súa feitura e pola súa decoración con motivos florais, estampados en sepia e castaño e pintados con pincel en verdes, azuis, amarelos e rosas.
Outras novidades técnicas desenvoltas polo ceramista Forester foron as estampacións monocromas (sobresae a cor negra) e a impregnación de cor nos fondos das pezas de vaixela branca, brilante e lixeiramente azulada.
Característicos desta época son os
Mambrús, xerros feitos coa figura dun home sentado semellante ao
Toby Jug da cerámica inglesa, e as vaixelas ilustradas con estampación litográfica (quizais, por primeira vez en España) de tipo
Góndola: en primeiro plano, xardín, balaustrada, escalinata e xerro decorativo; en segundo, lagoa con barca; e mais arquitecturas fantásticas no fondo.
1870-1875
Cuarta etapa
A familia Ibañez recobra a xestión da Sargadelos, asociándose cos coruñeses Atocha e Morodo en 1873. Básicamente, reprodúcense as pezas da etapa anterior, pero sen acadar a súa mesma calidade. Cesaron as inversións en novas instalacións e prescindiuse dos expertos ceramistas extranxeiros.
Foi a etapa na que as perdas ocasionadas polos preitos familiares dos Ibáñez levaron a Sargadelos ata o seu peche como empresa no ano 1875.
Desde entón ata a recuperación do seu legado, na segunda mitade do século XX, a historia daquel formidable emprendemento e as testemuñas da beleza acadada nos seus talleres extendéronse sen fronteiras. EN 1972, o perímetro das anigas Fábricas foi declarado Conxunto Histórico-Artístico.
Sargadelos converteuse nun verdadeiro mito con espazo reservado na memoria colectiva.
1949-Actualidade
Quinta etapa
- O Castro de Samoedo
- Previamente á inauguración en 1970 do novo Sargadelos en Cervo (Lugo), o complexo industrial de Cerámica do Castro, iniciou as actividades en 1949. Preto dun antigo castro celta no concello de Sada (A Coruña), ergueuse a primeira fábrica da nova Sargadelos, na que se volveu a producir cerámicas feitas coas terras do norde lugués. Logo de experimentar técnicas e deseños diferentes, acadaron por reproducir en series moi limitadas figuras orixinais de artistas plásticos, utilizando estas terras galegas, coas que se obtiña unha pasta fina, translúcida de gran dureza e brancura, que poideron presentar xa no ano 1951 en Galicia, Madrid e Barcelona. En 1955, o interese suscitado polas experiencias do Castro permitiu a creación dunha proxección súa en Argentina, a 100 quilómetros de Buenos Aires, onde se montou a Fábrica de Porcelanas A Magdalena, que mantivo o proceso productivo durante máis de trinta anos. Este proxecto transoceánico serviu tamém, para interesar aos intelectuais galegos exiliados na Argentina desde o final da guerra civil española na intención de traballar pola recuperación económica e cultural de Galicia, que se plasmou en 1963 coa creación do Laboratorio de Formas. Mentres O Castro en 1960, contruíu unha nova pranta incorporando á súa producción deseños entroncados con motivos abstracto-xeométricos tomados do románico e do barroco galegos, ou as formas que, dalgún xeito, gardan un paralelismo co simbolismo formal da arte románica. En 1963, Cerámicas do Castro e o Laboratorio de Formas asinan un convenio para, a creación do Museo Carlos Maside, Ediciós do Castro e outras institución ideadas para traballar na recuperación da memoria histórica de Galicia.
- Sargadelos
- En 1968, principiaron as obras da factoría de Cervo (Lugo), trala constitución da sociedade Cerámica de Sargadelos, comezando deseguida a fabricación das primeiras pezas. Tratábase de restaurar nesta nova etapa o espírito de empresa do antigo Sargadelos, a súa concepción ética da empresa, afastada de calquera tentación especulativa. Sargadelos fora concibida como unha asociación de recursos propios para, engadíndolles valor, poder satisfacer necesidades auténticas. A empresa de máis alento e prestixio do noso pasado industrial gardaba esta virtude fundamental que era necesario recuperar. Así pois, Cerámica do Castro e o Laboratorio de Formas de Galicia, puxeron en marcha os proxectos que cristalizaron cun sector experimental en 1968, e coa inauguración da planta circular de Sargadelos o 10 de maio de 1970. A concepción deseñística da nova andaina de Sargadelos está claramente diferenciada da etapa anterior. Son conceptos do noso tempo, máis en consonancia coa realidade diferenciada e esencial do carácter galaico.