miércoles, 8 de junio de 2011

Por que este lugar?

En unhas poucas liñas explicarei as razóns pola que escollín esta zona, esta fábrica, este pobo...
Principalmente porque o teño o ladiño da casa o cal me facilita as cousas a hora de poder informarme. Outra das razóns é porque miña mai traballou alí durante máis de 20 anos hasta fai unhos meses que foi despedida, e de algunha forma ou outra que que este blogue seña un punto de denuncia contra a mala xestión da fábrica de hoxe en día así como da falta de respeto polo enorme valor cultural e histórico que ten este complexo no noso país, Galicia.
Finalmente espero que sirva como unha experiencia máis, para aprender  e coñecer mellor a nosa cultura e historia, do que hoxe en día carecemos bastante e deixamos moitas veces de lado.


Un saúdo e gracias a todos os que se pasen por aquí e se pode ser aporten a súa opinión.

A CRISE

A empresa hasta o ano 2006 nunco tivo perdas. Foi a partir de aquí, cando se producen as perdas. As ventas dende o 2006 hasta actualidade baixaron mais do 40 %.
O Grupo chegou a vender en total de pezas cercano aos 12 millóns de € a o ano. Actualmente non pasa dos 7 millóns.
A producción tamén houbo que adaptala as vendas reais e por susposto tamén baixou. O Grupo chegou a fabricar 1,2 millóns de pezas ao ano. Actualmente non chega as 700.000 pezas.


 Foi xustamente logo do cese de Isaac, no 2006, e o abandono da política cultural e de recuperación da nosa memoria histórica, que lle había dado a empresa todo o seu prestixio, o que provocou un rechazo da sociedade galega hacia os nosos productos como repudio pola expulsión de Isaac, seguida dun abandono da política cultural, o que provoca unha baixada moi importante nas vendas da empresa pola desvalorización que significou apartar ao seu valedor mais importante: Díaz Pardo. Se a esto lle sumamos a crise mundial que hai, xa temos as razóns do deterioro da empresa, que se veu abrigada a reducir costes, porque non vendía, ABANDONANDO A POLÍTICA CULTURAL e de recuperación da nosa memoria histórica, e facendo restructuración de persoal, porque os ingresos non cubren os costes. 

En fin toda unha desfeita polos novos xestores xurdidos logo do cese de Isaac en 2006. Non entenderon que esta era unha empresa distinta, asociada a un nome histórico como Sargadelos.
Pois sí,a xestión da empresa non puido ser peor. Algúns sindicatos entenderon que a empresa debería recuperar o camiño anterior, pero outros non o entenderon e apoiaron a empresa. afundíndoa aínda máis.






 

Como pode afectar a crise actual da empresa en Cervo?

Hai varios puntos a ter en conta:
  • A maior parte dos empregados/as viven no propio Concello.
  • O complexo Histórico de Sargadelos é o principal foco de atracción turística o que beneficia tanto o comercio local como infraestructura de aloxamento.
  • Crisis na Fábrica con redución de plantilla, gran descontento, inexistencia de solucións.
  • Pérdida do labor cultural, que semper foi o gran valor añadido.

Con todo esto, que repercusións, económicas, sociais ou demográficas pode acusar Cervo?

Deixo o debate aberto. Un saúdo.


pd: aquí vos deixo unha noticia con relación a entrada : http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/04/16/2595814.shtml

Como é a cadea de produción?


A cadea de produción é a seguinte, así funciona a fábrica.
  1. Deseño.
  2. Modelado e moldes.
  3. Reprodución por vía líquida e plástica.
  4. Secado.
  5. Refinado.
  6. Bizcoitado ou enfornamento a 800ºC para endurerer e manipular.
  7. Decorado baixo cuberta.
  8. Aplicación da cuberta ou vidrado, vitrificado a 1430ºC.
  9. Clasificación ou control de calidade.
  10. Estuchado.
  11. Almacenamento nos Stock.
  12. Finalmente según os pedidos entrados, pedido a clientes.



O desenrolo da Fábrica

A nova industria nace con bon pé e prestixio, e se desenrola de xeito autosostible sin ter que recurrir a financiación externa. Chegou  a ter uns 300 empregados e unha amplia rede de Galerías polas capitales galegas, en Madrid, Barcelona, Sevilla, Milán e Oporto, estas tres últimas agora pechadas.

Sargadelos nace como industria de porcelana. Nos seus principios figura que hai que recuperar a nosa memoria histórica e cultural, as nosas culturas populares, arte e tadiccións galegas. Esta operación foi todo un éxito, pois a medida que se facía "país" a xente consideraba os nosos productos como representativos de Galiza e valoraba máis as raíces, prestixio e imaxen que aportaba o producto. En fin, que esa idea de recuperar as nosas tradiccións, artes, historia, etc. foi moi ben valorado e engadíulle ós nosos productos un valor engadido moi importante dende o punto de vista artísitico e cultural. Sargadelos non era calquer cousa, dentro de cada figura estaba encerrado un pouco da nosa historia.



 

O papel de Luis Seoane

Nos inicios da fábrica vimos que a figura Seoane xunto cá de Isaac, por suposto, foi de unha gran importancia polo que me parece interesante saber algo máis del.


Luis Seoane chegou a ser un pintor moi famoso en Arxentina, e noutros países, logo da súa marcha ao exilio no ano 1936. 
Foi un renovador da plástica galega con profundas raíces galegas. Hoxe ten unha fundación na Coruña. Foi tamén un gran intelectual e  creador de moitas editoriais que promovían libros galegos en Arxentina. Poeta e dramaturgo, foi tamén un gran loitador polas libertades e contra a dictadura franquista. E todo un mito en Galicia. Posiblemente e o intelectual mais importante que tivo Galicia. Morreu moi novo na Coruña no ano 1979. Camilo, o fillo de Isaac tivo unha gran relacion con el nos 12 anos que estivo na Arxentina, foi como un segundo pai para el.
 
O proxecto industrial de Sargadelos é obra de Díaz Pardo e de Seoane. O montaxe técnico e organización e obra de Isaac. A creación e fundación de Sargadelos é obra do Laboratorio de Formas detrais do cal estaban Isaac e Seoane.

                                                                                            

Maruxa e Seoane cás obras da fábrica de Sargadelos (Cervo,Lugo) ó fondo, no ano 1969. SARGADELOS





domingo, 5 de junio de 2011

A fábrica desde dentro

 Boas, aquí vos deixo a entrevista con Camilo, fillo de Isaac Díaz Pardo, un dos fundadores da fábrica.
Unha opinión que ven desde o interior da fábrica.

-         ¿Cal é a súa función na fábrica de Sargadelos?
Fun Director de Producción durante 25 anos hasta 2006, e reponsable de creación e diseño de maquinaria. Tamén fun administrador durante 15 anos.

-         ¿Como valora a súa experiencia na fábrica?¿Que lle aportou?
Dende o punto de vista técnico, moi positiva.

-         ¿Como empeza todo? ¿Por que alí?
Porque fumos a familia fundadora da empresa.

-         ¿De donde xorde o capital para a construción?
Dun decreto solicitado no seu día para iniciar a produción e construción de instalacións. Logo foi autosuficiente dende o punto de vista financieiro hasta o 2006.

-         ¿Que dificultades e axudas se presentaron nos inicios da nova fábrica?¿Houbo algunha colaboración por parte dos veciños/concello de cervo?
Axudas ningunha. Pedíronse créditos, e colaborou outra empresa asociada, Cerámicas do Castro. Os veciño e o Concello de Cervo colaborou na medida do posible. Eran datas de maiores dificultades financieiras.

-         ¿Por que ese diseño tan peculiar?
O diseño noso está baseado nos conceptos según a arte do Laboratorio de Formas, entidade fundadora de Sargadelos da man de Díaz Pardo e Luis Seoane. Tratábase de recuperar a nosa historia, culturas populares, tradición, a nosa arte engadindo vangarda e racionalismo. Tradición e futuro. Tratábase de facer ver que Galiza ten unha historia, unha arte unha cultura, unhas tradicións, etc. e había que facelas chegar ao pobo ainda que “fora vendendo figuras e cacharriños” como decía Seoane.


-         ¿Estarías disposto a recuperar o traballo de teu pai si se dera a ocasión?¿Cales serían os teus obxetivos principais?
 Por suposto, neso estamos meu irmán Xosé e mais eu. Os nosos obxetivos son facer ver e consolidar este tipo de emprendementos culturais e de recuperación da memoria histórica, que se sostiñan solos, pois era unha maneira de facer propaganda sin ter que recurrir aos medios de comunicación. De paso facías un labor de recuperación cultural do noso país.

-         ¿Que dificultades habería si se dera a oportunidade de volver a coller a direción da empresa?
Pois as  derradeiras políticas (logo do noso cese no Consello de Administración no ano 2006) non foron na senda por donde debían ir, pois abandonouse a filosofía inicial da empresa de recuperar a nosa memoria histórica, a nosa cultura, tradicións, etc. Nunha verba, abandonouse o tema cultural, que foi o que creou a nosa imaxe e prestixio. En consecuencia prodúxose un desencanto na sociedade galega moi fondo que sumado a crise que hai, fixo que caeran as vendas da empresa en termos moi importantes, polo que a empresa para sobrevivir ten que reducir costes de xeito drástico.
De voltar a coller a dirección habería que restaurar de algún xeito as políticas culturais de imaxe e prestixio que fixeron un referente moi importante da nosa empresa no mercado e na sociedade galega e nacional. Pero imos ver si se pode facer algo logo do deterioro producido.

-         Despois de dúas enquisas feitas a dúas traballadoras, en ambas me deron a entender  unha mellor xestión da fábrica e un mellor ambiente cando a dirixía Isaac, ademáis falan da pérdida dun valor cultural. ¿Cal pode ser o motivo deso?¿Que tiña de especial a anterior direción da empresa?.
Bueno, durante a nosa etapa directiva (dende 1970, ano da fundación de Sargadelos polo Laboratorio de Formas, hasta o noso cese en xuño 2006), a empresa coa imaxe e o prestixio que lle imprimían as institucións ou entidades creadas por Díaz Pardo e Seoane, que se baseaban na recuperación das nosas culturas e artes populares, historia e tradicións que, como o mencionado Laboratorio de Formas, ou o Seminario de Sargadelos donde se deseñaban as formas e decorados e se realizaban os estudos de formulas cerámicas ou fornos, ou máquinas, se organizaban as experiencias do verán, etc., ou as Edicións do Castro que se encargaba de divulgar a labor do grupo, ou o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, etc.  Todas estas entidades foron as que conqueriron o éxito de Sargadelos, que se convertiu nun referente do noso país ao entender a sociedade galega e en xeral que o que alí se facía non era solo porcelana senón algo xenuíno cheo das raices e a indiosincracia ou a identidade do noso pais, que nos reafirmaban máis como galegos, pero dun xeito universal. Bueno e o ambiente era mellor e máis democrático, apartado de todo vestixio mercantil. Había consenso e preocupación por conciliar a vida familiar coa laboral. Había que conquerir que o traballador/ra estivese satisfeito e orgulloso co seu traballo, como así foi. O que pasou despois do 2006 foi un abandono dos valores culturais pois eran “moi costosos” e pola contra eran os que realmente valoraba a xente, que por iso mercaba os nosos productos polo valor engadido de “pais” que levaban. Ese abandono dos temas culturais lle está pasando factura a Empresa por desgracia. Pero é así. Non solo o que vale e o mercantil. Nós dirixíamos a empresa sin autoritarismos. Discutíamos e razonábamos as cousas cos traballadores e os seus representantes,  para conquerir o mellor para ambos, traballadores e empresa. Sargadelos non repartiu nunca beneficio aos seus socios, senón que se invertían en medrar. Así chegou a ter unha plantilla de mais de 300 traballadores.
A nosa política empresarial tiña unha certa autarquía, pois tentábamos de resolver todos os problemas de tipo técnico, administrativo, de imaxen e deseño, culturais, etc. dende a empresa, pois dende facer unha máquina para reproducir platos ou un forno para vitrificar, se deseñaba unha silla, unha galería, un edificio, etc., todo se desenrolaba dentro o que supoñía un gran aforro pois non había que mercalo ou encargalo fora. Pero para iso se precisan xentes moi preparadas e talentosas, como podía ser Díaz Pardo.


-         ¿Que futuro ve para a fábrica?
O futuro, dentro das duas crises que afronta a empresa (unha de valores internos e outra a exterior) non é moi bon, se non se recuperan as filosofías que deron valor as cousas. Nos derradeiros tempos parece que algúns socios se deron conta que sin eses valores a empresa vai abocada ao fracaso e comenza a haber movementos nese senso aínda que moi tímidos. ¡A ver si a luz da razón baixa dunha vez!.

-         Na novela de Manuel Rivas “ O lapis do carpinteiro” dice que Isaac che deixou un lapis, era metafórico ou foi verdade?

Pois non sei exactamente. Coido que o lapis llo deu o meu avó  (que estaba na cadea en Santiago e logo foi fusilado), o carpinteiro, e o meu avó fixo os famosos dibuxos dos detidos na cadea pola suas ideas, que logo a maioría foron fusilados como Anxel Casal ou Alexandre Bóveda.

martes, 26 de abril de 2011

Novo testemuño da Fábrica de Sargadelos

Boas xente, aquí vos deixo unha nova entrevista de Mª José, de Cervo tamén, que traballou xunto a Isaac Díaz Pardo o cal nos facilita unha información máis profunda e moi interesante sobre a realidade da fábrica.


1-     ¿Que relación ten vostede con Sargadelos?
  Son traballadora desta empresa.


2.- ¿Dende cando traballa alí?
  Hai máis de 30 anos que entrei a formar parte do persoal de Sargadelos


3. ¿Por que medios chegou a traballar na Fca. de Sargadelos?
  O meu primeiro contacto laboral con Sargadelos foi durante os veráns cando estaba estudando bacharelato. Como digo durante o verán traballaba atendendo as “Experiencias de Tecnoloxía e Escola Libre” que se celebraban todos os anos no mes de Agosto, isto permitíame ter algún carto para poder seguir estudando e despois cando terminei entrei a formar parte do persoal do Dpto. de Tecnoloxía. 

4.- ¿Que influencia tivo e ten esta empresa no entorno rural que a rodea?
A influencia foi enorme. Hai que pensar que a finais dos sesenta aquí non había nada.

A primeira vez que eu vin un cartel escrito en galego foi aquí, nesta fábrica. Eu era galego falante mais nunca vira a miña lingua escrita. Podemos dicir entón que foi o primeiro paso para facernos tomar conciencia de que o galego é un idioma, que se pode falar e que se pode escribir.

Foi unha empresa que empregou maioritariamente mulleres que aquí, de quitado as fábricas de conserva, non tiñan onde traballar.

Foi unha empresa que apostou por unha obra social importante: contou desde sempre cun comedor para os empregados cando aquí non había unha soa empresa que contara con tal servizo (hoxe en día este servizo está pechado), contaba con varias bibliotecas ás que podía acceder calquera persoa que o solicitase (hoxe en día isto está pechado tamén), a empresa contaba tamén cunha piscina, (digo contaba porque hoxe en día tamén está pechada), para uso “exclusivo” de empregados, familiares e amigos destes, e para toda a poboación de Cervo.

Se ben a influencia económica desta empresa na zona foi importante, xa que todos os empregados e empregadas son da comarca, a cultural foino moito máis. Durante máis de 30 anos que duraron as “Experiencias de Tecnoloxía e Escola Libre” dábanse cita en Sargadelos importantes nomes da cultura como poden ser Jesús Alonso Montero, Ramón Villares, Andrés Fernández- Albalat, Lois Tobio, Luciano García Alen, Xose Neira Vilas, Anisia Miranda, Manuel Rivas, ceramistas da talla de Arcadio Blasco, Enrique Mestre, Claudi Casanovas, María Bofill, Francisco Espinoza, Silverio Rivas, Magda Marti Coll, e un largo etc. etc. que coas súas conferencias e mesas redondas facían de Sargadelos o centro cultural máis importante de Galicia.


5 ¿Cres que foi algo positivo para o desenvolvemento de Cervo?
 Naturalmente que foi positivo para Cervo e para toda a Mariña. De non ser pola fábrica o nome de Sargadelos non sería tan coñecido en Galicia, en España e ata me atrevo a dicir que no estranxeiro. A empresa, ao largo de máis de corenta anos que ten, tivo galerías de venta en Milán, Oporto,  Barcelona, Madrid, Sevilla, Santiago, Vigo, Lugo, Ferrol, Coruña, … (algunhas como as de Sevilla, Oporto, Milán hoxe están cerradas).


6.- ¿En que situación se encontra actualmente  a fábrica?
 Encóntrase nun claro retroceso en tódolos sentidos. A labor social é nula, como xa fun enumerando antes o comedor está cerrado dende hai máis de 2 anos, a piscina leva tamén 2 anos que non abre en verán, as bibliotecas levan 4 anos pechadas. O valor humano é nulo, os soldos non se incrementaron dende 2008, a comunicación entre dirección e empregados é inexistente. A actividade cultural é tamén inexistente, dende 2006 que houbo o cambio de dirección que apartou a Isaac Díaz Pardo e a súa familia do Consello de Administración non se volveu a publicar nada en Edicións do Castro ata o punto de que a editorial acabou cerrando, non se volveron a celebrar as Experiencias de Tecnoloxía e Escola Libre ….

A fábrica neste momento é unha simple sociedade mercantil que non marcha ben, se lle falla o seu compoñente cultural non marcha, iso a dirección parece que aínda non o veu.


7.- ¿Qué a fai diferente doutras empresas?
 O que a facía diferente era sobre todo ese valor cultural que tiña, e que lle daba identidade e lle imprimía carácter. Incluso a propia edificación do complexo é diferente, ten unha arquitectura bonita e persoal, cando o habitual é que as fábricas non sexan precisamente bonitas. 


8.- En canto o tema do respeto o medio-ambiente.
  O impacto no medio ambiente creo que non é moi grande. As augas residuais da limpeza do caolín e da súa actividade industrial decántanse a través de varios pozos e unha vez decantada a materia mineral e coa auga xa limpa esta devólvese á rede de sumidoiros.


9.- ¿Qué perspectivas de futuro ten?
  Con esta Dirección, sinceramente, moi poucas, por non dicir ningunha.

Esta empresa perdeu a filosofía coa que foi creada, perdeu toda a actividade cultural que tiña, está perdendo a súa identidade e así é moi difícil que se sustente. Isto xa se cansou de dicilo o propio Isaac Díaz Pardo, agora, o tempo e os feitos déronlle a razón.

Penso que as únicas posibilidades de futuro , se é que as ten, pasarían por que retomase a Dirección da empresa o Laboratorio de Formas e a familia Díaz Pardo.


10.- ¿En que aspectos farías máis fincapé para mellorala?
 Penso que o único que habería que facer para mellorala sería volver a ser dirixida coa mesma filosofía coa que foi creada e coa que aguantou 40 anos sen maiores problemas, e sempre medrando. Para iso tería que volver a familia Díaz Pardo




Quería destacar duas cousas sobre a entrevista.Unha que ,a pesar de todo o que fixo a fábrica  en prol da cultura galega e todo o que eso a beneficiou, actualmente se pechen os ollos ante esta situación desfavorable e a única solución que se dá é a do despedimento. E segundo,que foi donde por primeira vez  veu un cartel escrito en galego, estamos a falar dos anos oitenta.


lunes, 25 de abril de 2011

Testemuño dunha traballadora

Boas, aquí vos deixo o peculiar testemuño de Rosa Otero, de Cervo, que nos conta como foi a súa experiencia na Fábrica de Sargadelos.


"Fun traballadora da Fábrica de Sargadelos dende hai 23 anos, sempre me trataron con respeto ata que se foi Isaac Díaz Pardo. Comecei a traballar en 1987 xunto con algunha amiga da miña idade, estábamos apuntadas na empresa ata que nos chamaron.
Vía a fábrica como unha empresa de futuro non só para min senón para todo Cervo.
Traballando alí aprendín a valorar máis a cultura galega, éramos todos como unha familia e a empresa respetaba os traballadores; era unha empresa en auxe.
Empecei a traballar cun contrato de ano por ano, ata que aos dous anos de estar alí quedei embarazada e fixéronme fixa respectándome en todo momento.
Desempeñei varios labores como cargar unha mufla (especie de forno onde se poñen as pezas a "bizcoitar" para despois pintalas), repasar as figuras decorativas e tazas, facer caixas, lavar plantillas e labores de limpeza (por iniciativa propia).

A empresa sempre foi ben, cos seus respectivos alti-baixos, pero sempre respectando os traballadores ata que se vai Isaac Díaz Pardo e se produce un  cambio na dirección da fábrica hai uns catro anos. Con este cambio perdeuse o significado de Sargadelos, xa non se vende cultura senón simples pezas de louza, ademais de cerrar o laboratorio de formas (das cales Sargadelos sempre se diferenciou da competencia), noutras palabras, empeza a ser unha “casa de putas”.
Todo isto dá lugar a un descenso de ventas e a unha redución de persoal e horas de traballo despedindo a 9 traballadores (casualmente todos eles afiliados á CIG na cal me inclúo, defensores da antiga xestión de Isaac Díaz Pardo) e poñendo moi pouca transparencia a ahora de mostrar as contas da fábrica.
E así se resume a miña experiencia nesta fábrica."

Visto o visto pareceme interesante seguir investigando sobre o tema de vender a cultura galega cara o exterior, facer dunha simple pezas de louza en algo simbólico e representativo dun lugar (e supoño que nesto ten moito que ver Isaac Díaz Pardo) e tamén facer fincapé nese cambio que sufreu a empresa co cambio na dirección.

Un saúdo xente.
 

martes, 15 de marzo de 2011

Os inicios

Nesta entrada tratarei de responder as seguintes preguntas que me parecen interesantes para comprender o orixe da fábrica:
  • ¿Por que alí?
  • ¿Como xorde a idea de construir alí?
  • ¿Quen diseñou a Fábrica?
  • ¿Que formación académica tivo Isaac?

Primeiro, creo que é necesario saber que a fábrica non aparece así, da nada. Sargadelos ten a súa historia.
Aquí  houbo unha industria do ferro e da cerámica dende 1792 hasta  1875, ano en que pechan. Estas fábricas xorden da iniciativa do Marqués de Sargadelos, Antonio Raimundo Ibáñez, ilustrado, para aproveitar os recursos da zona: bosques carbonizables para obter carbón e para reducir o mineral, óxido de ferro, pequenas bolsas de mineral de ferro, excelente caolín e feledespatos e seixos para facer louza.

Como non eran industrias grandes, chegáballes abondo con represar un río pequeno como o Xunco para obter enerxía mecánica con que mover as máquinas ou trebellos para facer ferro e louza.

Estas industrias tiveron moito prestixio no século  XIX, pois as fábricas de ferro coincidiron coa guerra da independencia dos franceses a comenzos do seculo XIX, e se dedicaron (pois foi a única siderurxia que non caeu nas mans dos franceses) a facer munición e armas para o éxercito real en loita contra os franceses, polo que reciben o título de Reais Fábricas de Armas (O Ministerio de Defensa fixo no ano 1996 unha gran exposición en homenaxe a Sargadelos: "As reais fábricas de Sargadelos o Exército e a Armada"), que se inaugurou nese ano no Museo do Pobo Galego de Santiago e noutros sitios máis.
Entón, como podedes ver estas industrias chegaron a ser moi famosas no S. XIX, incluída a de louza, da cal as súas pezas hoxe teñen un gran valor nos anticuarios.

Logo de pechar, co tempo foron consideradas como "o primeiro esforzo industrial organizado de Galicia" con técnicas e métodos de producción modernos, e arredor de elas comenzou a xurdir un mito.


100 anos despois, Díaz Pardo vai a Arxentina para montar unha fábrica de porcelana chamada "Porcelanas de Magdalena", invitado por un grupo de galegos exiliados despois da Guerra Civil de 1936.
A idea de Isaac era relacionarse con este grupo de galegos sobre  todo con Luis Seoane e o seu extrordinario grupo de amigos como Rafael Dieste, Blanco Amor, Lorenzo Varela, Antonio Baltar e outros. Con Luis Seoane, Isaac crea o Laboratorio de Formas pensado en recuperar institucións de prestixio no pasado galego como entre outras, as fábricas de Sargadelos, sobre todo, recuperar a tradición da cerámica. Como Isaac xa tiña creado as Cerámicas do Castro, en Sada A Coruña, con apoio desta e do Laboratorio de Formas decide restaurar en Sargadelos a producción de louza coas ideas e a cencia que lle aportaba o Laboratorio de Formas e o Seminario de Sargadelos. 
En 1970, se inaugura a Planta Circular obra do arquitecto Albalat, socio tamén do Laboratorio de Formas xunto con Isaac e Seoane. O resto das edificacións de Sargadelos son obra de Isaac como arquitecto que quixo ser e non puido polo asasinato do seu pai a comenzos da guerra civil do 36.
Isaac tivo  que conformarse cunha carreira mais barata como Lic. en Belas Artes, da que foi premio extraordinario fin de carreira. O Colexio de Arquitectos de Galicia deulle o título de arquictecto de honor.

Era  fundamental construir todo esto  na parroquia de Sargadelos, non solo por razón xeograficas, senón que aquí estaba a tradición e a historia.

No ano 1972 o Laboratorio de Formas solicita e obtén do goberno central a denominación do vello recinto industrial como "Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos". Logo viñeron cartos para restaurar algúns edificios antigos como a Casa da Administración das antigas fábricas, hoxe sede do Real Patronato de Sargadelos que rixe o Conxunto Histórico, e do Museo Histórico, actualmente todo en estado de abandono ao apartar a Isaac da dirección das fábricas (pois era o entusiasta de todo isto e foi quen co seu traballo e prestixio, conseguíu e fixo todo). O novo emprendemento industrial foi construído fora do recinto histórico por respeto.