domingo, 5 de junio de 2011

A fábrica desde dentro

 Boas, aquí vos deixo a entrevista con Camilo, fillo de Isaac Díaz Pardo, un dos fundadores da fábrica.
Unha opinión que ven desde o interior da fábrica.

-         ¿Cal é a súa función na fábrica de Sargadelos?
Fun Director de Producción durante 25 anos hasta 2006, e reponsable de creación e diseño de maquinaria. Tamén fun administrador durante 15 anos.

-         ¿Como valora a súa experiencia na fábrica?¿Que lle aportou?
Dende o punto de vista técnico, moi positiva.

-         ¿Como empeza todo? ¿Por que alí?
Porque fumos a familia fundadora da empresa.

-         ¿De donde xorde o capital para a construción?
Dun decreto solicitado no seu día para iniciar a produción e construción de instalacións. Logo foi autosuficiente dende o punto de vista financieiro hasta o 2006.

-         ¿Que dificultades e axudas se presentaron nos inicios da nova fábrica?¿Houbo algunha colaboración por parte dos veciños/concello de cervo?
Axudas ningunha. Pedíronse créditos, e colaborou outra empresa asociada, Cerámicas do Castro. Os veciño e o Concello de Cervo colaborou na medida do posible. Eran datas de maiores dificultades financieiras.

-         ¿Por que ese diseño tan peculiar?
O diseño noso está baseado nos conceptos según a arte do Laboratorio de Formas, entidade fundadora de Sargadelos da man de Díaz Pardo e Luis Seoane. Tratábase de recuperar a nosa historia, culturas populares, tradición, a nosa arte engadindo vangarda e racionalismo. Tradición e futuro. Tratábase de facer ver que Galiza ten unha historia, unha arte unha cultura, unhas tradicións, etc. e había que facelas chegar ao pobo ainda que “fora vendendo figuras e cacharriños” como decía Seoane.


-         ¿Estarías disposto a recuperar o traballo de teu pai si se dera a ocasión?¿Cales serían os teus obxetivos principais?
 Por suposto, neso estamos meu irmán Xosé e mais eu. Os nosos obxetivos son facer ver e consolidar este tipo de emprendementos culturais e de recuperación da memoria histórica, que se sostiñan solos, pois era unha maneira de facer propaganda sin ter que recurrir aos medios de comunicación. De paso facías un labor de recuperación cultural do noso país.

-         ¿Que dificultades habería si se dera a oportunidade de volver a coller a direción da empresa?
Pois as  derradeiras políticas (logo do noso cese no Consello de Administración no ano 2006) non foron na senda por donde debían ir, pois abandonouse a filosofía inicial da empresa de recuperar a nosa memoria histórica, a nosa cultura, tradicións, etc. Nunha verba, abandonouse o tema cultural, que foi o que creou a nosa imaxe e prestixio. En consecuencia prodúxose un desencanto na sociedade galega moi fondo que sumado a crise que hai, fixo que caeran as vendas da empresa en termos moi importantes, polo que a empresa para sobrevivir ten que reducir costes de xeito drástico.
De voltar a coller a dirección habería que restaurar de algún xeito as políticas culturais de imaxe e prestixio que fixeron un referente moi importante da nosa empresa no mercado e na sociedade galega e nacional. Pero imos ver si se pode facer algo logo do deterioro producido.

-         Despois de dúas enquisas feitas a dúas traballadoras, en ambas me deron a entender  unha mellor xestión da fábrica e un mellor ambiente cando a dirixía Isaac, ademáis falan da pérdida dun valor cultural. ¿Cal pode ser o motivo deso?¿Que tiña de especial a anterior direción da empresa?.
Bueno, durante a nosa etapa directiva (dende 1970, ano da fundación de Sargadelos polo Laboratorio de Formas, hasta o noso cese en xuño 2006), a empresa coa imaxe e o prestixio que lle imprimían as institucións ou entidades creadas por Díaz Pardo e Seoane, que se baseaban na recuperación das nosas culturas e artes populares, historia e tradicións que, como o mencionado Laboratorio de Formas, ou o Seminario de Sargadelos donde se deseñaban as formas e decorados e se realizaban os estudos de formulas cerámicas ou fornos, ou máquinas, se organizaban as experiencias do verán, etc., ou as Edicións do Castro que se encargaba de divulgar a labor do grupo, ou o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, etc.  Todas estas entidades foron as que conqueriron o éxito de Sargadelos, que se convertiu nun referente do noso país ao entender a sociedade galega e en xeral que o que alí se facía non era solo porcelana senón algo xenuíno cheo das raices e a indiosincracia ou a identidade do noso pais, que nos reafirmaban máis como galegos, pero dun xeito universal. Bueno e o ambiente era mellor e máis democrático, apartado de todo vestixio mercantil. Había consenso e preocupación por conciliar a vida familiar coa laboral. Había que conquerir que o traballador/ra estivese satisfeito e orgulloso co seu traballo, como así foi. O que pasou despois do 2006 foi un abandono dos valores culturais pois eran “moi costosos” e pola contra eran os que realmente valoraba a xente, que por iso mercaba os nosos productos polo valor engadido de “pais” que levaban. Ese abandono dos temas culturais lle está pasando factura a Empresa por desgracia. Pero é así. Non solo o que vale e o mercantil. Nós dirixíamos a empresa sin autoritarismos. Discutíamos e razonábamos as cousas cos traballadores e os seus representantes,  para conquerir o mellor para ambos, traballadores e empresa. Sargadelos non repartiu nunca beneficio aos seus socios, senón que se invertían en medrar. Así chegou a ter unha plantilla de mais de 300 traballadores.
A nosa política empresarial tiña unha certa autarquía, pois tentábamos de resolver todos os problemas de tipo técnico, administrativo, de imaxen e deseño, culturais, etc. dende a empresa, pois dende facer unha máquina para reproducir platos ou un forno para vitrificar, se deseñaba unha silla, unha galería, un edificio, etc., todo se desenrolaba dentro o que supoñía un gran aforro pois non había que mercalo ou encargalo fora. Pero para iso se precisan xentes moi preparadas e talentosas, como podía ser Díaz Pardo.


-         ¿Que futuro ve para a fábrica?
O futuro, dentro das duas crises que afronta a empresa (unha de valores internos e outra a exterior) non é moi bon, se non se recuperan as filosofías que deron valor as cousas. Nos derradeiros tempos parece que algúns socios se deron conta que sin eses valores a empresa vai abocada ao fracaso e comenza a haber movementos nese senso aínda que moi tímidos. ¡A ver si a luz da razón baixa dunha vez!.

-         Na novela de Manuel Rivas “ O lapis do carpinteiro” dice que Isaac che deixou un lapis, era metafórico ou foi verdade?

Pois non sei exactamente. Coido que o lapis llo deu o meu avó  (que estaba na cadea en Santiago e logo foi fusilado), o carpinteiro, e o meu avó fixo os famosos dibuxos dos detidos na cadea pola suas ideas, que logo a maioría foron fusilados como Anxel Casal ou Alexandre Bóveda.

4 comentarios:

  1. Eu, como extraballadora da fábrica sargadelos, comento que é un traballo exemplar, dando a coñecer as cousas positivas e tamén negativas do que é a fábrica e o como é o seu paso pola críse económica que estamos vivindo.

    ResponderEliminar
  2. Como dixo Rosa María é un traballo exemplar, mostrando como é a Fabrica, o seu funcionamento e tamén, un "puntazo" a entrevista ao propio fillo do fundador.
    Os meus parabéns Carlos por este traballo.

    ResponderEliminar
  3. Como as dúas rapazas anteriores, un traballo moi bo, o cal me vai axudar a entender mellor o funcionamento desta fábrica e o que está a ocorrer hoxe en día dado que non son de Cervo.

    ResponderEliminar