lunes, 25 de abril de 2011

Testemuño dunha traballadora

Boas, aquí vos deixo o peculiar testemuño de Rosa Otero, de Cervo, que nos conta como foi a súa experiencia na Fábrica de Sargadelos.


"Fun traballadora da Fábrica de Sargadelos dende hai 23 anos, sempre me trataron con respeto ata que se foi Isaac Díaz Pardo. Comecei a traballar en 1987 xunto con algunha amiga da miña idade, estábamos apuntadas na empresa ata que nos chamaron.
Vía a fábrica como unha empresa de futuro non só para min senón para todo Cervo.
Traballando alí aprendín a valorar máis a cultura galega, éramos todos como unha familia e a empresa respetaba os traballadores; era unha empresa en auxe.
Empecei a traballar cun contrato de ano por ano, ata que aos dous anos de estar alí quedei embarazada e fixéronme fixa respectándome en todo momento.
Desempeñei varios labores como cargar unha mufla (especie de forno onde se poñen as pezas a "bizcoitar" para despois pintalas), repasar as figuras decorativas e tazas, facer caixas, lavar plantillas e labores de limpeza (por iniciativa propia).

A empresa sempre foi ben, cos seus respectivos alti-baixos, pero sempre respectando os traballadores ata que se vai Isaac Díaz Pardo e se produce un  cambio na dirección da fábrica hai uns catro anos. Con este cambio perdeuse o significado de Sargadelos, xa non se vende cultura senón simples pezas de louza, ademais de cerrar o laboratorio de formas (das cales Sargadelos sempre se diferenciou da competencia), noutras palabras, empeza a ser unha “casa de putas”.
Todo isto dá lugar a un descenso de ventas e a unha redución de persoal e horas de traballo despedindo a 9 traballadores (casualmente todos eles afiliados á CIG na cal me inclúo, defensores da antiga xestión de Isaac Díaz Pardo) e poñendo moi pouca transparencia a ahora de mostrar as contas da fábrica.
E así se resume a miña experiencia nesta fábrica."

Visto o visto pareceme interesante seguir investigando sobre o tema de vender a cultura galega cara o exterior, facer dunha simple pezas de louza en algo simbólico e representativo dun lugar (e supoño que nesto ten moito que ver Isaac Díaz Pardo) e tamén facer fincapé nese cambio que sufreu a empresa co cambio na dirección.

Un saúdo xente.
 

2 comentarios:

  1. Un testemuño moi interesante. A min gustaríame saber máis sobre a influencia de Isaac Díaz Pardo con respecto ao trato que se lle deu aos traballadores e ás traballadoras da fábrica. É curioso que cambiase xusto dende que se foi...En fin, boa entrada. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. A empregada fala de cambios na directiva que teñen unas consecuencias moi negativas para os traballadores. Gustaríame saber que pasou exactamente, os novos directivos, son galegos? Quero dicir, dá a entender que os productos antes eran máis "artesanais"... quizais ese cambio ten algo que ver con que xa non se vexa como algo cultural e si como unha mera mercancía?

    ResponderEliminar